Con Teresa Portela como bandeira, a xeración de ouro do piragüismo galego saca billete para os xogos olímpicos de París. No selectivo de Pontevedra clasificáronse hoxe Antía Jácome e Carolina García | Na paréntese do debate de investidura de Alfonso Rueda, o PP e os grupos da oposición móstranse abertos a pactos políticos, pero desconfían de que se chegue a acordos | A Federación Camiño Francés, que agrupa as asociacións de amigos da principal ruta de peregrinación, alerta das graves consecuencias que tería a macro planta de celulosa de Altri. 10-04-2024