Contra a desertización industrial. É o berro das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, que viven hoxe unha xornada de folga xeral, ante a sucesión de golpes que non deixa de recibir a economía da zona. //Hoxe Comenza a citación, mediante un sistema de chamadas pregrabadas, das persoas entre 50 e 55 anos para recibir a primeira dose da vacina. Mañá haberá unha proba piloto en Santiago, e o sábado extenderase ás principais cidades e vilas. //Segue a reducirse o número de casos activos, anque repuntan os novos positivos detectados, 168 nas últimas horas. Nos hospitais mantéñense 77 pacientes nas UCI e comucáronse cinco falecementos máis. // O grupo Inditex declara un beneficio de 1.100 millóns de euros durante o ano 2020, o que supón un 70 por cento menos que no exercicio anterior. As vendas caeron un 28 por cento nas tendas debido ás restricións. 10-03-2021