Traballadores sociais protestan polo funcionamento do sistema público de atención as persoas dependentes. Din que fai falta máis persoal e menos burocracia, ante unha situación na que cada mes falecen 30 persoas en espera de que se lles recoñeza o dereito a recibir axuda | Os médicos comezan a mobilizarse contra o borrador do novo estatuto que está a elaborar o Ministerio de Sanidade para regular a profesión. Piden mellores condicións laborais que sirvan de incentivo para novos profesionais | Pesar pola morte do artista Xosé Vizoso. Premio Nacional de Escultura e deseñador estrela da cerámica de Sargadelos. Acabábaselle de dedicar o día da ilustración. Con tal motivo concedeu a Televisión Española a que sería a súa derradeira entrevista.