Asociacións de Hostalaría de toda Galicia recurren aos tribunais para pedir que se levante o peche total, trala resolución do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco, que permite a apertura do sector naquela comunidade, // Por oitavo día consecutivo, baixan os casos activos. Os falecementos rebasan a cifra de 2.000 dende que comenzou a pandemia, con 28 mortes nas últimas horas. // O Comité Clínico da Xunta decide manter as medidas restrictivas en toda Galicia, polo menos durante unha semana máis. Pese a constatar unha baixada da incidencia en máis do 40 por cento, Advirte que a presión hospitalaria segue a ser elevada especialmente nas UCI. // O sistema sanitario galego está preparado para administrar ata 100.000 vacinas ao día, en caso de contar con doses dabondo, así o asegurou o presidente da Xunta no Parlamento. 10-02-2021