Apertura de xuízo oral contra cinco persoas polo asasinato de Samuel Luiz. Están acusadas de atacar o mozo, de 24 anos, ata acabar coa sua vida, en xuño de 2021 tras unha noite de festa nun local xunto á praia coruñesa de Riazor | Dende hoxe, a máscara xa non é obrigatoria en centros sanitarios pero sí o será nos servizos de urxencias, nos PACs e onde haxa pacientes inmunodeprimidos. A incidencia da gripe e da covid baixou case nun 50 % respecto a hai duas semanas | A cidade da Coruña será o escenario dos actos no Día das Letras Galegas que este ano se dedica a Luisa Villalta..