Close

Vou que teño que ir

Vou que teño que ir é un programa de viaxes polo territorio galego onde os nosos presentadores, Víctor Fábregas e Ledicia Sola, convidan ao espectador a descubrir un mesmo municipio ou comarca de dous xeitos ben diferentes. Todos os martes en TVG

País: España
Idioma: Gallego
Contenido: Reportajes
Tema: Viajes
URL: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/vou-que-teno-que-ir

Episodios disponibles para ver online

Programa 20: Lugo - 24/03/2020 23:00
Con máis de 2000 anos de historia, Lugo é a cidade máis antiga de Galicia e tamén a única cuxa muralla se conserva intacta en todo o seu perímetro. O pasado castrexo e romano de Lugo será unha das principais leccións dos nosos presentadores, Ledicia Sola e Víctor Fábregas, que viaxarán ao pasado grazas aos membros das asociacións “Lugdunum” e “Senatus Lucus Augusti” e a Pablo Núñez, coñecido escritor lucense. Ledicia continuará a súa visita histórica na Domus de Mitreo, unha vivenda romana baixo terra. Mentres, Víctor coñecerá a contorna fluvial do río Miño, o parque preferido dos lucenses, e responsable de que Lugo sexa ademais, cidade Reserva da Biosfera.  
Programa 19: Cedeira - 17/03/2020 23:30
A 620 metros por enriba do nivel do mar, nos cantís máis altos de toda Europa continental, van quedar os nosos presentadores para intentar visitar Punta Herbeira no medio dun vento descomunal. Pero como queren saír vivos da experiencia, Víctor non tardará en dirixirse a San Andrés de Teixido cara a famosa capela onde a onde van parar as almas que non chegaron pola súa propia vontade. E como unha boa supersticiosa, Ledicia proporá fabricar os seus propios amuletos: os típicos sanandresiños na tenda Fina. Mentras Ledicia visita o Museo dos Mares para facer honra a un dos portos máis importantes das Rías Altas, Víctor fará o mesmo desde o Castelo da Concepción desde onde descubrirá os segredos das praias cedenses co xeólogo Francisco Canosa. Nesta ocasión, a comida corre a cargo da taberna do Jojo. Ela durmirá no hostal Herbeira e el na Hospedería Cordobelas.
Programa 18: A Guarda - 10/03/2020 23:30
Na punta máis suroeste de Galicia e na comarca do baixo Miño, atópase o concello da Guarda, ata onde se desprazaron os nosos presentadores para coñecer os segredos da cultura castrexa máis importante do norte peninsular. Desde a privilexiada ubicación do Castro de Santa Trega gozarán das vistas do océano Atlántico e da cercana vila portuguesa de Camiña. Víctor e Ledicia animaranse a facer un pequeno trail polo monte aínda que, con sorte, daráselles mellor xogar coas damas e os reis no Club de Xadrez Albatros. Mentres Ledicia coñece a mulleres incombustibles como as redeiras Carmen ou Rita, Víctor animarase a visitar a fortaleza do Castelo de Santa Cruz que os portugueses conquistaron en menos dun ano. O noso presentador non escatimará en chupar os dedos no restaurante Chupa Ovos mentras que Ledicia prefeririá uns petiscos máis suaves regados co viño do Rosal na adega Terras Gauda. O Hotel Vila da Guarda, aberto durante todo o ano, será o sitio onde poidan dar paz a tan axetreada
Programa 17: O Barco de Valdeorras - 03/03/2020 23:30
O Barco, capital da Terra de Valdeorras, é o municipio escollido polos nosos presentadores para perderse nestas terras de lousa do fondo do val do Sil. Acompañados de Aurelio Blanco, presidente do Centro de Estudos Valdeorrenses, Ledicia visitará a Torre e Fortaleza do Castro, unha construcción medieval que sobreviviu a importantes revoltas históricas. Mentres, Víctor dará un paseo polo casco urbán da man de Gustavo Docampo, técnico de cultura do municipio que lle amosará os segredos do casino modernista e outras construcións emblemáticas. Á hora da comida, Víctor non quedará sen probar o famoso botelo do Barco na Casa Galaica e Ledicia optará por unha comida máis lixeira, esta vez vexetariana, no Bajo Cinco Salón Teatro. Este local servirá tamén para que os nosos presentadores se arranquen a cantar nun concerto improvisado con Mr Jingles, autor e compositor local. Unha ruta cicloturística con bicis eléctricas permitiralles coñecer o patrimonio natural da comarca coa compaña de Zona3
Programa 16: Monforte de Lemos - 26/02/2020 00:15
Víctor Fábregas e Ledicia Sola gozarán da espectacularidade do Mosteiro de San Vicente do Pino e a súa Torre da Homenaxe de máis de 13 metros de altura. Tamén visitarán o Colexio Nosa Señora da Antiga, máis coñecido como “o escorial galego” e que actualmente é propiedade da Casa Alba. Ademais do Monforte histórico, Víctor e Ledicia estarán no Museo do Ferrocaril, a única exposición de máquinas ferroviarias antigas que temos en Galicia, e no Centro do Viño Ribeira Sacra, un lugar de referencia para a Denominación de Orixe, onde se poden facer visitas guiadas e catas. O Trespés será o sitio escollido para petiscar espeto de cacheira en tempura, molexa de tenreira e bocadiños de centolo. Os nosos presentadores terán tamén a oportunidade de visitar ás xogadoras do Club de Volei Ribeira Sacra onde aprenderán os segredos deste club histórico e se porán ás ordes do seu adestrador Manolo Martínez.
Programa 15: A Coruña - 18/02/2020 23:30
Hoxe a nosa visita lévanos á capital das Rías Altas é dicir, Á Coruña, una cidade aberta ó mar e co paseo marítimo máis longo de Europa. Repasaremos a historia da cidade a través da súa arquitectura modernista, do Mirador de San Pedro e do Castelo de San Carlos. Visitaremos o Aquarium Finisterrae, un centro interactivo de divulgación cientítica. Víctor e Ledicia terán a oportunidade de poñer a proba a súa puntería xogando no Real Club de Golf da Coruña onde competiron campións como Jose Antonio Salgado. A Pulpería Melide, será o lugar elexido por Víctor para saciarse de polbo e o Tira do Praia o restaurante no que Ledicia vai probar una deliciosa robaliza. Xa á noite, aloxaranse no elegante Hotel NH Collection e no céntrico Hostal Alborán.
Programa 14: A Estrada - 11/02/2020 23:30
A Estrada está formada sobre un cruce de camiños entre as provincias de Pontevedra e A Coruña, e ata alí viaxarán os nosos presentadores para coñecer os lugares máis emblemáticos deste concello pertencente á comarca de Tabeirós. Ledicia Sola visitará o elegante Pazo de Oca, cuxos xardíns son considerados o “versalles galego” e que forma parte da Ruta da Camelia. Víctor Fábregas fará o propio coa Ruta da Sidra, indo á Sidrería Camino Atlántico para coñecer o sabor do xugo de mazá fermentado totalmente galego. Ademáis coñecerán as marxes do río Ulla a través dunha ruta cicloturística e poñerán a proba as súas cordas vocais marcándose uns tonos coa coral polifónica estradense. 
Programa 13: O Cebreiro - 21/01/2020 23:30
Víctor e Ledicia poñen rumbo á comarca dos Ancares, na provincia de Lugo, onde se sitúa a parroquia de Santa María do Cebreiro, no límite co concello leonés de Ponferrada. Unha das primeiras actividades que deciden facer é un tramo do Camiño de Santiago en bicicleta, e por iso van falar con Diego, que ten un servizo de aluguer de bicis para facer o camiño. Percorrerán en bici tres quilómetros ata o alto de San Roque, onde lles espera Javier, un mestre de secundaria quen lles da conta dos atractivos da zona. Xa de volta no pobo, Ledicia visitará a Igrexa Santa María A Real, a Igrexa, que foi favorecida ó longo dos séculos por privilexios da monarquía. Á dereita do altar está a capela do Santo Milagre o lugar onde se conservan as reliquias do Santo Grial, considerado o milagre máis importante acontecido dentro das nosas fronteiras e que lle deu sona mundial ó Cebreiro. Pola súa banda, Víctor visitará unha palloza. No interior destas construcións conservase o pouco e escaso mobiliario
Programa 12: Trives - Manzaneda - 14/01/2020 23:30
Víctor e Ledicia collen rumbo á Pobra de Trives, un concello da provincia de Ourense pertencente á comarca da Terra de Trives, situada nas estribacións occidentais da Serra da Queixa, que superan os 1500 metros de altitude no que se coñece como A Cabeza Pequena de Manzaneda. Os presentadores danse cita en Pena Folenche, onde se atopan unha boa cantidade de sequeiros de castañas e unha monumental rocha que fai ás veces de miradoiro, situada no medio do pobo. Xa na vila, Ledicia decide dar un paseo polo casco histórico para coñecer de primeira man os tesouros agochados nas rúas, mentres que Victor decide ir facer a ruta do Souto de Rozabales e visitar unha das árbores senlleiras da nosa comunidade, o castiñeiro de Pumbariños, situado no concello limítrofe de Manzaneda. En se algo é famoso na comarca aparte da neve e as montañas, é a bica de Trives. O pan da María será o escenario onde Víctor e Ledicia aprenderán a facer a famosa bica, unha combinación de manteiga, ovos, azucre e fariñ
Programa 11: Fisterra - 07/01/2020 23:30
Os nosos presentadores viaxan hoxe ata a segunda cidade máis visitada de Galicia despois de Santiago de Compostela. Falamos de Fisterra, Finis terrae, o fin da terra. O topónimo de orixe latina atopa a súa xénese na antigüidade, cando as lexións romanas ao verse afundirse o sol nas augas do océano Atlántico, auguraban que o cabo Fisterra era o punto máis occidental do mundo coñecido. Como non podería ser doutro xeito, Víctor e Ledicia farán a última do Camiño que une Santiago con Fisterra e achegaranse ata o Ara solis, o lugar onde antigamente se lle rendía culto ó deus sol. Alí poderán ver vestixios que deixan patentes asentamentos de antigas civilización. Ledicia visitará o Castelo de San Carlos, antiga batería de defensa datada no século XVIII e rehabilitada no2006 para converterse no museo do mar de Fisterra. Unha pequena exposición amosa un percorrido da pesca galega por ata os nosos días. Victor visitará o cemiterio de Fisterra, proxectado en 1998 polo arquitecto pontevedrés Cés
Programa 10: O Grove - 17/12/2019 23:30
 Os nosos presentadores daranse cita no Miradoiro da Siradella, situado na parte máis alta da península, a só 165 metros de altura. A perspectiva de 360 graos permítenos ver Grove e o seu ismo, e tamén a illa de Sálvora, San Vicente e illa de Arousa e ata as Illas Ons. Desde alí Ledicia paseará pola ruta Punta Moreira mentres Víctor da unha volta polo mercado do Grove visitando os postos de peixes e mariscos, para logo darse cita, novamente xuntos, no Museo da Salga, onde coñecerán a vida mariñeira que da poboación desde finais do século XIX, cando a industria da salgadura de sardiña se estableceu na comarca dando traballo a case tódalas familias da contorna. Para xantar, nada mellor que San Vicente do Grove, un dos recunchos máis máxicos do municipio onde visitantes e veciños conviven no medio locais de hostalaría, como a Arrocería A Lanzada. Aquí a bebida, a comida, a música desfrútanse sobre as exclusivas vistas coas que nos agasalla a praia da Lanzada. Logo de facer a dixestión,
Programa 9: Portomarín - 10/12/2019 23:15
Os nosos presentadores visitan hoxe Portomarín, un concello da provincia de Lugo pertencente á zona da Ribeira Sacra. Aínda que a súa fundación se remonta ó século II, a vila adquiriu grande importancia na Idade Media, por ser lugar de paso dos peregrinos que se dirixían a Santiago dende o camiño Francés. A afluencia de peregrinos propiciou a apertura de numerosos locais de hostalería como bares, restaurantes, pensións e albergues, e unha actividade económica centrada no turismo e a gastronomía. Victor e Ledicia terán tempo para visitar algúns deles. Ledicia irá ó albergue Pons Minea, un dos locais máis recoñecidos. Este bonito edificio de aspecto vangardista é albergue de peregrinos e turistas, conta con habitacións dobres e triples e un acolledor comedor e onde se pode degustar comida típica sen rascar o peto. Como un bó caldiño galego.
Programa 8: Celanova - 03/12/2019 23:15
Os nosos presentadores visitan Celanova, tamén coñecida como a terra de poetas polo seu pasado ligado á literatura, o berce de grandes escritores galegos, Precisamente da man dun deles, Ledicia Sola visitará o Mosteiro de San Salvador de Celanova, un cenobio medieval beneditino fundando por San Rosendo a mediados do século IX que sufriu importantes transformacións ao longo dos séculos; alí coñecerá un pouco máis da súa historia así como dos novos usos do mosteiro que hoxe integra a casa consistorial e a biblioteca do IES Celso Emilio Ferreiro. Pola súa banda, Víctor achegarase ata Castroastromao para coñecer de primeira man todo sobre as orixes deste castro, unha cidade primitiva habitada polos antigos coelernos do século I. Foi moitos séculos despois da romanización, cando a familia Feijoo comezou a fabricar os seus queixos artesáns, que hoxe se venden en todo o mundo grazas á receita secreta que leva transmitíndose xeracións. Coñecerán a Xulio Alonso Feijoo, un mozo enxeñeiro agr
Programa 7: Sada - 26/11/2019 23:00
Favorecida polo clima atlántico e benigno do interior da ría, posúe todas as características dunha vila costeira típica da costa Ártabra, onde a pesca e o turismo son as súas principais fontes de riqueza. Os seus 27,50 Km2 de superficie están moi ben aproveitados, sobre todo, de cara ao mar, aínda que Sada teña tamén moitas máis cousas, case todas relacionadas coa cultura e ocio.
Programa 6: Betanzos - 19/11/2019 23:00
Os nosos presentadores percorerán a vila, probarán os seus viños, visitarán os monumentos máis representativos, o centro internacional de Estampa Contemporánea e o lugar onde se fai cada ano o famoso globo de Betanzos. Tamén terán tempo para degustar a famosa tortilla que caracteriza á localidade.
Programa 5: O Vicedo - 12/11/2019 23:30
Víctor visita o xacemento vikingo na praia de san Román, onde se atopa con José Antonio, antropólogo que lle explica as características daquela excavación que deu lugar a Romaxe Vikinga que se celebra alí cada ano. Mentres tanto, Ledicia queda con Hugo, co que se adentrará na punta do Fuciño do Porco seguindo o seu serpeante valado. Máis tarde, por iniciativa de Víctor, os dous deciden abandonar temporalmente a costa para facer unha ruta en bicicleta polo interior, acompañados por Carlos, que os levará desde a ponte do Porto ás pontes do esteiro do Sor, seguindo a canle do río. Despois do exercicio, Víctor e Ledicia deciden regresar á costa para xantar no restaurante Area Grande, fronte a praia de san Román, onde o seu dono José Luis lles contará varias anécdotas relativas a naufráxios e tradicións do lugar, recomendándolles dous pratos especialidade da casa. Ao rematar de xantar, Ledicia propón a Víctor practicar Padel-Surf na praia de Caolín, da man dos monitores David e Eloy, que
Programa 4: Silleda - 05/11/2019 23:00
Ledicia Sola e Víctor Fábregas, os aventureiros de ‘Vou que teño que ir’, deciden hoxe visitar o concello de Silleda e quedan no Recinto Feiral, aínda que son tan grandes as súas instalacións - é un dos máis grandes de España - que teñen certa dificultade para atopárense.  Despois dunha charla co seu director, Ledicia visitará o mosteiro de Carboeiro, de arte románica do século XII, hoxe sen orde que o ocupe, pero cunha grande actividade cultural. Da man de Víctor, os espectadores visitarán a milagreira Penadauga e percorrerán a senda da fervenza de Férveda, coñecendo algunhas das lendas da contorna. Antes de xantar, Ledicia proporalle a Víctor un tranquilo paseo a cabalo nas instalacións da Granxa de FervenzAventura, rematado o cal, cada un elixirá un sitio para comer: Ledicia, o Nós Restaurante, do hotel Eco Nós, onde probará cociña de autor km 0, con produtos da zona, mentres Víctor dará boa conta duns petiscos e un bo viño da casa na taberna Casa Gerardo. Xa pola tarde, Víctor pr
Programa 3: Vigo - 29/10/2019 23:30
Ledicia Sola e Víctor Fábregas tras citarse na famosa portal do Sol, emprenderán unha aventura pola cidade olívica seguindo as recomendacións da súa anfitriona a actriz Uxía Blanco. Ledicia, na súa faciana máis urbanita, deixarase cautivar polos segredos e misterios escondidos nas rúas da zona vella acompañada da súa homónima, a escritora Ledicia Costas. Víctor, en cambio, optará por descubrir a espectacular Fundación Sales, un xardín botánico de especies tropicais de inspiración xaponesa creado polo vigués Francisco de Sales Covelo nos anos 60. A raíña da coroa é o nenúfar xigante, unha planta acuática única en España que acada os dous metros de diámetro por folla. 
Programa 2: Carnota - 22/10/2019 23:00
Como segundo destino da nosa ruta de viaxe por Galicia, os nosos viaxeiros, Ledicia Sola e Víctor Fábregas, escolleron Carnota. E, como non podería ser doutro xeito nun lugar onde a meirande parte da poboación vive do mar, escolleron como punto de encontro o porto de Portocubelo, na vila mariñeira de Lira, para coñecer de primeira man, entre outras, a actividade da súa importante lonxa. Con Ledicia visitaremos os conxuntos monumentais de Carnota e Lira, compostos por sendas igrexas, rectoral, pombal e hórreo, por certo, dous hórreos que compiten entre eles por ter a marca de ser os máis grandes do mundo. Pola súa banda, Víctor descubrirá a artesanía popular de Carnota da man dun ceramista afincado no concello desde hai máis de trinta anos.  
Programa 1: Ribadavia - 15/10/2019 23:30
Ribadavia é o primeiro destino ó que se enfrontarán os nosos viaxeiros, Ledicia Sola e Víctor Fábregas, lugar que ela ten o pracer de coñecer grazas á súa última actuación na Mostra Internacional de teatro… á que Víctor non foi invitado. Aínda que a primeira hora se dan cita na Praza Maior, a cuna do Ribeiro será frecuentada polos nosos aventureiros de xeito ben diferente. Da man de Ledicia percorreremos o casco antigo descubrindo a ligazón da vila coa comunidade xudía (antes e despois da segunda guerra mundial) e tamén descubriremos un segredo histórico que demostrará a valentía das mulleres de Ribadavia. Pola súa parte, Víctor percorrerá os sendeiros que desembocan na espectacular Ponte de San Clodio rodeados de hectáreas de vides que xa se cultivaban hai case 2000 anos. A intensa xornada abriralles o apetito ós dous aínda que a carteira separaraos para comer segundo o seu orzamento e preferencias. Xuntos, divertiranse practicando barranquismo e tamén haberá tempo para o relax cun

Otros programas de reportajes >


Otros programas de TVG (Galicia) >