Hospital Real
Hospital Real é unha serie da TVG que transportará os espectadores cara a finais do século XVIII para reproducir con todo luxo de detalles como era naquela época a actividade do Hostal dos Reis Católicos A historia sitúase a finais do século das luces, cando o Camiño de Santiago era unha vía perigosa, había inestabilidade política e o Hostal dos Reis Católicos era o hospital de Compostela. Neste contexto coñécese a parella protagonista, que deberá facer fronte ás enormes barreiras sociais que os separan. Ao nacemento desta relación amorosa uniránselle outros ingredientes como asasinatos, intrigas ou mesmo daranse a coñecer os tratamentos e a medicina da época. Cómpre salientar a esmerada realización de decorados nesta serie, exteriores e interiores, como a botica do hospital ou as salas de enfermeiras e enfermos, e o instrumental cirúrxico.