Close

Facendo o Camiño

A serie documental “Facendo o Camiño” profunda nos acontecementos e personaxes vinculados á construción da catedral de Santiago. Emítese despois da ficción “O final do Camiño” para que o espectador poida poñer contexto histórico á serie de xeito lúdico. Os propios protagonistas de “O final do Camiño” encárganse de comentar os personaxes que interpretan. Asier Etxeandia, Cristina Castaño, Maxi Iglesias ou Juan Fernández falarán dos personaxes aos que dan vida coma o rei Afonso VI, a raíña Constanza de Borgoña, Alfonso de Aragón ou o bispo de Compostela Diego Peláez. Ademais, os asesores históricos da serie, José Miguel Andrade, profesor de Historia Medieval da Universidade de Santiago, e Sonia García, afamada arqueóloga, transportan os espectadores á España do século XI, mantendo en todo momento o rigor histórico e matizando as pequenas licenzas que se tomaron á hora de realizar a serie.

País: España
Idioma: Gallego
Contenido: Reportajes
Tema: Televisión
URL: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/facendo-o-camino

Episodios disponibles para ver online

(8) - 04/03/2017 11:45
(7) - 25/02/2017 12:00
Neste capítulo, fálase da figura de Urraca
Facendo a camiño (6) - 18/02/2017 12:00
(5) - 11/02/2017 11:45
Cristina Castaño (a raíña Constanza), Patricia Peñalver (Urraca), Carlos Villarino (o rei García) e Jaime Olías (Diego Xelmírez) falan de sucesos históricos como a causa de morte do Rei García, o motivo do casamento de Urraca con Raimundo sendo unha nena ou ben a elección de Xelmírez como administrador de Compostela. Ademais, tratan da repercusión que tiveron estes feitos no Reino de Galicia. Os asesores históricos da serie José Miguel Andrade e Sonia García, profesor de Historia Medieval e arqueóloga, encárganse de que a historia non se desvirtúe en ningún momento. Pola súa banda, Ángel Amaro, o director de arte da serie, e mais Juan Antonio Écija, encargado dos efectos visuais, explican paso a paso como recrearon as estancias do palacio de Toledo nas que casteláns e francos intercambiaron algo máis que palabras durante a elección do marido de Urraca e, por tanto, aspirante ao trono de Castela, León e Galicia.
(4) - 04/02/2017 11:45
Juan Fernández, que interpreta a Diego Pelaez; Jaime Olías, como Diego Xelmírez, e Javier Rey, como Pedro Catoira, mostran diferentes cuestións da época: como eran os ataques piratas que arrasaban Galicia no século XI, o carácter maquiavélico de Diego Xelmírez e os días de cárcere de Diego Peláez. Ademais, José Miguel Andrade, profesor de Historia Medieval, e Sonia García, arqueóloga, como asesores históricos da serie, sitúannos no contexto histórico. Pola súa banda, William Monrabal, coordinador de acción, e Antonio Velázquez, que interpreta a Gonzalo de Catoira, móstrannos como se preparan física e mentalmente para facer fronte á batalla máis espectacular da serie..
(3) - 28/01/2017 12:00
A terceira entrega do documental “Facendo o Camiño” ocúpase das reviravoltas da rodaxe e os verdadeiros acontecementos históricos da terceira entrega da serie “O Final do Camiño”. Cristina Castaño, que interpreta a Constanza de Borgoña, e Asier Etxeandía, que da vida a Alfonso VI, falan da axitada vida amorosa destes personaxes. Antonio Durán “Morris”, que interpreta ao relixioso Odamiro, e Manuel de Blas, que encarna ao médico encarcerado polas súas prácticas de sanación, contrarias aos preceptos da Igrexa católica naquel momento, descobren os perigos de practicar medicina nunha Idade Media dominada polo cristianismo radical e as crenzas pagás. Juan Fernández, o bispo Peláez; Antonio Velázquez, Gonzalo, e Carlos Villarino, Don García, transportan ao espectador a unha Galicia que aspiraba a coroar ao seu propio rei. Todo iso, mantendo o rigor histórico grazas aos apuntamentos dos asesores da serie: o profesor de historia medieval José Miguel Andrade e a reputada arqueóloga Sonia Garcí
(2) - 18/01/2017 23:30
O segundo programa de “Facendo O Camiño” amosa os acontecementos históricos relacionados coa trama do segundo capítulo de “O final do Camiño”. Os actores Cristina Castaño, Javier Rey e Paco Manzanedo, entre outros, falan do violenta que foi a entrada dos almorábides na Península; do que se escondía detrás da alianza entre o bispo de Compostela Diego Peláez e Guillerme “O Conquistador”, primeiro rei de Inglaterra de orixe normando, ou de como foi a relación entre o mestre Bernardo e o mestre Esteban, os primeiros artífices da catedral de Santiago. Todo iso, mantendo o rigor histórico grazas aos apuntamentos dos asesores da serie: o profesor de Historia Medieval da Universidade de Santiago Jose Miguel Andrade e a arqueóloga Sonia García. Ademais, Ángel Amaro, director de Arte de “O final do Camiño” e Juan Antonio Écija, responsable de efectos visuais da ficción, explican como fixeron para  recrear en Galicia a Sevilla do século XI e a fortaleza almorábide de Yusuf Ibn Tasufin en Marroco
(1) - 11/01/2017 23:30
A serie documental “Facendo o Camiño” profunda nos acontecementos e personaxes vinculados á construción da catedral de Santiago. Emítese despois da ficción “O final do Camiño” para que o espectador poida poñer contexto histórico á serie de xeito lúdico. Os propios protagonistas de “O final do Camiño” encárganse de comentar os personaxes que interpretan. Asier Etxeandia, Cristina Castaño, Maxi Iglesias ou Juan Fernández falarán dos personaxes aos que dan vida coma o rei Afonso VI, a raíña Constanza de Borgoña, Alfonso de Aragón ou o bispo de Compostela Diego Peláez. Ademais, os asesores históricos da serie, José Miguel Andrade, profesor de Historia Medieval da Universidade de Santiago, e Sonia García, afamada arqueóloga, transportan os espectadores á España do século XI, mantendo en todo momento o rigor histórico e matizando as pequenas licenzas que se tomaron á hora de realizar a serie.  A serie documental tamén dá a coñecer detalles propios da ficción como o proceso de construción de

Otros programas de reportajes >


Otros programas de TVG (Galicia) >