Fran, un home dinámico e moi ocupado co seu traballo de hosteleiro, quere prepararlle unha voda por sorpresa á súa moza María, unha muller de orixe alemá que chegou á Costa da Morte como parte dunha viaxe e quedou namorada de Fran e de Galicia. Para esta complicada tarefa, Fran contará coa axuda de Alba, unha amiga da parella que se apunta a un bombardeo. Vaille facer moita falta a súa colaboración para conseguir os mellores detalles para montar a súa voda ao máis puro estilo bucaneiro.