Roberto, cántabro de nacemento pero mexicano de espírito quere prepararlle á súa parella Iria unha pedida de man e unha voda por sorpresa. Ela é unha muller moi tranquila e unha namorada dos animais, especialmente dos gatos. Roberto, xunto ao seu amigo Voney, percorerrá Galicia en busca dos elementos que mellor representen os seus gustos pola cultura mexicana para preparar a súa voda en 48 horas. O reloxo e a comida picante non llo van por nada fácil a este mariachi na súa busca do "si, quero".