Comenzan os problemas de abastecemento de auga no sur da provincia de Lugo, onde xa está activada a alerta por seca. Os encoros como o de Vilasouto, con menos da metade do seu nivel habitual nesta época. // Os traballadores de Ence marchan ata o porto de Marín, para amosar agradecemento a Autoridade Portuaria polo seu apoio á continuidade da pasteira nos terreos de Lourizán. // Un grupo de mulleres madrileñas con cancro de mama chegan a Santiago logo de percorrer as cinco etapas finais do camiño co seu equipo sanitario. // Inaugurada en Dumbría a escultura xigante de Vákner, un monstro, que os historiadores identifican cun home lobo, e que se aparecía no século XV aos peregrinos no monte, no Camiño que leva a Fisterra. Unha lenda recuperada coa que o concello espera atraer a moitos camiñantes 27-05-22