Primeiras críticas de colectivos cidadán a oferta de Aloxamento gratis a médicos de primaria que traballen durante os meses de verán. A fórmula ideada polo Sergas para para fomentar a contratación de profesionais estréase en Sanxenxo, cos Centros de Saúde desbordados en temporada alta. // A Garda Civil e a Garda Nacional Republicana patrullarán xuntos o Camiño portugués primitivo e o Camiño da Costa, entre xuño e setembro nas zonas transfronteirizas. O dispositivo contará con axentes a cabalo, en moto e bicicleta xunto a unha oficina móbil de atención ao peregrino. // Hoxe e o Día grande das festas da Ascensión en Santiago con bombas de palenque, comparsas de cabezudos e a tradicional Feira de Amio que arrancaba a xornada cos cabalos como protagonistas. // 26-05-22