Nove prazas Mir deste ano para médicos de familia quedan vacantes, todas na área sanitaria de Lugo, e agravan a carencia de profesionais desa especialidade en Galicia. // o expresidente da Xunta, Núñez Feijóo tomou posesión da sua acta no Senado, para a que foi designado, so cos votos do PP, en representación da Comunidade Autónoma, xunto con Miguel Tellado. Mentres, o presidente Rueda defendía, na primeira sesión de control na Cámara, a política linguística. // Funcionarios galegos únense á protesta, en toda España, contra a caída do poder adquisitivo dos seus salarios, din que levan perdido un 15 por cento dende 2010. Convocados polo sindicato CSIF, reclaman melloras para compensar o incremento da inflación. // 25-05-22