Xornada completa de Filipe VI en Vigo,. Entre mostras públicas de afecto, inaugurou a Feira Internacional do Naval e a Cidade da Xustiza, que ocupa o edificio de 80 metros de altura do antiguo hospital xeral. // Antes de marchar de volta, Filipe VI mantivo un encontro cos representantes das familias dos náufragos do Villa de Pitanxo. Eles pedíronlle apoio á sua reivindicación de que se envíe unha inspección ao pecio. // Os tres casos galegos sospeitosos de padecer a varíola do mono evolucionan favorablemente pero aínda non hai confirmación oficial de que teñan o virus. // Emotiva despedida dos capitáns do Lugo Carlos Pita, Fernando Seoane e Iriome González tras 12, 11 e 8 anos no club respectivamente. 24-05-22