Santiago acolle entre o 6 e o 7 de outubro o “Congreso Internacional: El contexto internacional de las Irmandades da Fala”, cando fai cen anos da formación da primeira organización con carácter nacionalista de Galicia. O historiador e profesor da Universidade de Santiago de Compostela Xosé Manuel Núñez Seixas estará no estudio de gravación para falar deste evento e explicar a situación política europea e o mundo en que xorden as Irmandades. No apartado de cine, o cultural da canle pública fará un repaso á programación do Festival Internacional Curtocircuíto, que acada a súa 13 edición e que exhibirá en Santiago de Compostela curtametraxes de directores de diferentes países. Tamén fará un repaso pola carteleira para comentar os filmes “El hombre de las mil caras” e “Tarde para la ira”. O primeiro, dirixido por Alberto Rodríguez (La Isla mínima), e con Eduard Fernández como protagonista, céntrase na historia de Francisco Paesa, ex axente secreto do goberno español envolto en operación