Xosé Ramón Pena, catedrático de Literatura e autor do terceiro tomo da Historia da Literatura Galega visita o “ZigZag Eirado” para falar desta publicación, editada por Xerais. O volume comprende o período das Irmandades da Fala, desde 1916 ata 1936, e o seu artífice xa prepara o seguinte libro, dedicado á longa noite de pedra. A sección de cine analiza dous filmes con participación da Televisión de Galicia que chegan á carteleira: “María e os demais”, sobre unha moza controladora e responsable que se atopa sen rumbo cando, tras anos coidando o seu pai, este bota noiva, e “Migas de Pan”, que conta a historia de Liliana Pereira, expresa da última dictadura uruguaia.  No apartado musical, “ZigZag Eirado” fala dos novos traballos de Sés, Ruxe Ruxe e Ciro, mentres que Moncho Lemos recupera un actuación de Rosa Cedrón, ex-vocalista de Luar na Lubre que, en 2005 iniciou a súa carreira en solitario e que, este mesmo ano, presentou disco.