“Zigzag Eirado” recibe a visita de Xosé Ballesteros, presidente da Asociación Editores de Galicia, que con motivo da recente Gala do Libro Galego, analiza o bo e o malo do sector. Ángel Suances e Moncho Lemos comentan as novidades cinematográficas, como “A historia dun satélite”, de Sonia e Miriam Albert Sobrino, unha comedia negra que se centra na figura dun enterrador a quen o pai lle morreu esmagado por un satélite. “Personal shopper”, de Olivier Assayas, é unha película de pantasmas e thriller erótico noventeiro; e “Goodbye Berlin”, de Fatih Akin, narra a historia de Maik, un rapaz de 14 anos que queda só en casa e que lle cambia a vida cando un compañeiro de clase aparece cun coche roubado. No tempo de música, Marta Gómez comenta o último disco de Atrás Tigre, “Fainos saír”, que dentro duns días estará na rúa en formato vinilo; o novo videoclip do grupo Cintaadhesiva, “A loita, sobre demos interiores”, que forma parte do Volume 3, dedicado a Carlos Veiga; e o vídeo de Guadi Gale