Tras varias décadas nos escenarios e unha ducia de álbums editados, o cantante Xoán Eiriz visita o “ZigZag Diario” para falar dun novo traballo, “Verbas no vento”, un disco en que recolle temas de artistas galegos como Luis Emilio Batallán ou Pucho Boedo, e unha homenaxe a clásicos como “Lela”, “Tua nai é meiga” ou “Quen puidera namorala”.No apartado de cine, Moncho Lemos e Ángel Suances falan do documental “Paisaxes de Capelada”, de Alberto Lobelle, que se presenta no festival internacional Documenta Madrid, un filme que olla e rende homenaxe a unha das paisaxes litorais máis impresionantes de Galicia, a da serra da Capelada, que comezou a conformarse a partir de magma hai 1.160 millóns de anos. Tamén se ocupan dunha da estreas de carteleira: “La mano invisible”, en que David Macián adapta o libro de Isaac Rosa de título homónimo sobre o traballo como espectáculo. Nunha nave industrial, once persoas son contratadas para facer o seu traballo ante o público: un albanel, un carniceiro, u