“ZigZag Diario” conta coa presenza no estudio de gravación do director de Xerais, Manuel Bragado, que fala do recompilatorio realizado pola editorial sobre Agustín Fernández Paz, unha das figuras máis destacadas da cultura galega contemporánea e artífice da posta en valor da literatura infantil e xuvenil na nosa lingua, que faleceu o pasado mes de xullo. Ademais, Xerais publica unha edición especial de “Cartas de inverno”, co que esta obra cumio de Fernández Paz, un dos libros máis vendidos da literatura galega moderna, alcanzará os 100.000 exemplares, todo un fito editorial. No apartado de cine, o programa detense na curtametraxe de Olga Osorio “Einstein-Rosen”, que foi seleccionada para participar no Festival de Sitges. A historia desenvólvese entre 1982 e 2017 no barrio coruñés das Flores. Da carteleira, destacan dúas longametraxes que teñen en común a súa nacionalidade francesa e teren como protagonista a actriz Isabelle Huppert: “El porvenir” e “Elle”, esta última seleccionada