“ZigZag-Eirado” conmemora as dúas décadas de vida da revista “Tempos Novos”. O programa recibe o seu director Luís Álvarez Pousa, un veterano xornalista, fundamental na comprensión da historia cultural de Galicia desde que nos 70 puxera en marcha as históricas Xornadas do Cine, en Ourense, ou impulsara a creación do Centro Dramático. Na sección de cine, Ángel Suances e Moncho Lemos comentan relación de Carlos Casares coa sétima arte. Ademais, opinan sobre as películas “Bajo el sol” e “Maravillosa familia de Tokio”. A primeira, filme de 2015, Premio Xurado do Festival de Cannes e que chega agora ás pantallas, narra tres historias de amor ambientadas en Croacia ao longo doutras tantas décadas. Amosan que o amor entre un home croata e unha muller serbia estaba tan prohibido en 1991 como en 2001 ou mesmo no 2011. "Maravillosa familia de Tokio" céntrase no conflito persoal que experimentan os tres fillos dun matrimonio cando, tras 50 anos casados, a nai pide o divorcio. Marta Gómez tráeno