Håkan Casares, fillo de Carlos Casares e membro vitalicio e administrador do padroado da Fundación Carlos Casares, falar do seu pai, ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. Tamén do labor que realiza a fundación creada no 2002 en Vigo para promover a cultura galega e a obra do escritor ourensán, que fora director da Editorial Galaxia e autor de obras como “Vento ferido”, “Cambio en tres”, “Xoguetes para un tempo prohibido”, “Os escuros soños de Clío” ou “Os mortos daquel verán”.
Na sección de cine, Moncho Lemos e Ángel Suanzes comentan as películas “Sísifo Confuso. Traballos e días de Francisco Leiro”, un documental de Aser Álvarez sobre o proceso creativo do escultor e pintor galego; Manchester frente al mar” e “Felices sueños”. A primeira, con seis candidaturas aos Óscar, incluíndo mellor película e mellor director, afronta as relacións humanas desde a perspectiva de Lee Chandler, un encargado de mantemento de edificios en Boston que regresa a súa vila natal para fa