Coñecemos o oficio dos xardineiros da man de Manuel, un mozo que se ocupa do mantemento e conservación dos xardíns do Pazo de Rubiáns. Manuel visita os seu antigos profesores do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo, na Coruña. Ademais, vai ata o Pazo de Oca para coñecer o anterior xardineiro, que nos conta como era ocuparse día a día duns xardíns históricos.