O programa 'Xente con oficio' quere homenaxear hoxe as mulleres que traballan coas redes, as redes de sempre, as de pesca. Este oficio, case exclusivo das mulleres, forma parte do patrimonio cultural da Galicia mariñeira.  O traballo que desenvolven as redeiras é vital para o sector pesqueiro porque sen redes non hai peixes. E a cousa non queda aí: algunhas destas mulleres tamén se atreven co mundo da moda.