"Vivir aquí" entra na natureza. En Galicia, boa parte do territorio está formado por montañas e son moitas as persoas que viven delas e que as teñen como o seu lugar de traballo. É o caso dos gardas do Parque natural do Invernadoiro, en Ourense, ou os axentes forestais que vixían o monte e fan traballo de limpeza para evitar os lumes, aos que podemos escoitar no programa. Os reporteiros e as reporteiras tamén visitan unha empresa dedicada a rozar e limpar o terreo, un serradoiro e a unha familia de gandeiros da Pontenova que aínda practica a transhumancia.