“Vivir Aquí” fai un percorrido por algúns dos produtos autóctonos máis senlleiros da gastronomía galega, como o peixe, o marisco e o requeixo. Raquel Fernández desprázase ata Portonovo para coñecer o traballo de pescadores, peixeiras e restauradores. Rosa Bello está en Muxía para achegarse aos labores de captura, conserva e preparado do congro nunha terra en que xa nos anos 50 había secadoiros para o peixe. Julián Gómez marcha ata Sigüeiro, no concello coruñés de Oroso para saber máis da troita. Alí conversa con pescadores e donos de restaurantes que ofrecen o manxar. En Cambados, Nico Campos fala con cociñeiros e ostricultores para coñecer todos os segredos da ostra e, xa en As Neves, Xulia Piñeiro aproxímase ao mundo do requeixo, moi usado en repostería.