Facer turismo non é algo exclusivo do período estival. En Galicia, existen moitas alternativas e ofertas para practicar diversas actividades fóra da temporada clásica de verán. Hai propostas de turismo cinexético, termal ou mesmo para veganos. Tamén se poden visitar restaurantes con estrela Michelín ou gozar da oferta museística.  O equipo de “Vivir Aquí” visita Taboada, en Lugo, para coñecer unha finca rural, un proxecto familiar para ofrecer alternativas de caza convencional. Tamén está en Montederramo, Ourense, para aproximarse á oferta para as persoas que non inxiren produtos animais. E vai a Ribadavia para facer turismo termal. En Santiago, “Vivir Aquí” ofrece propostas de turismo cultural. E, na cidade de Ourense, ocio gastronómico.