Desde o 13 de novembro e despois duns meses de veda, estamos en plena temporada da centola, que estes días enche os mercados. Os reporteiros do programa comproban como se pesca este prezado marisco nas Rías Baixas e na costa coruñesa; estan na lonxa do Grove para saber que proceso segue desde que os barcos a descargan no porto ata que se distribúe; visitan os templos da centola, algúns restaurantes clásicos onde a preparan de xeito tradicional, e aprenden algunha nova receita con este produto, pratos inspirados na cociña asiática que potencian o sabor da centola.