A piques de meter as 100.000 bólas no bombo da Lotaría de Nadal e de cruzar os dedos para que este ano a sorte nos sorría, o programa “Vivir Aquí” visita galegos e galegas que poden dicir iso tan raro de “tocoume a lotaría!”. A fortuna acompañou a Galicia en varias ocasións. 120 millóns de euros caeron en Monforte hai uns anos. No Rosal tamén tocou o Gordo da Lotaría de Nadal. E no Porto do Son a sorte estivo moi repartida no ano 2000. Carballo é tamén outra das vilas afortunadas de Galicia onde tocou a lotaría e algunhas persoas por partida dobre. E en Santiago de Compostela tamén caeu un belisquiño. Estes son só algúns dos lugares que visita o procura na procura das historias destes veciños e destas veciñas afortunadas, para saber como cambia a vida cando se gaña a lotaría.