Darlle unha segunda vida ás cousas ou mantelas en perfecto estado. Este é o cometido dos profesionais cos que fala o programa, xa que se dedican a arranxar o que os demais rachan. Traballan ben sexa nun taller de coches, reparando electrodomésticos a domicilio ou poñendo a punto unha embarcación. Ademais, podemos ver a transformación dunha ruína nunha casa de ensoño e como manter un xardín urbano en perfecto estado, arranxos que falan da nosa relación coas cousas.