“Vivir Aquí” lévanos a coñecer algunhas das formacións de música relixiosa máis prestixiosas de Galicia. Xulia Piñeiro está en Ponteareas cos integrantes de Coro Sentimento, unha agrupación orixinaria de Covelo, en Pontevedra, recoñecido polas actuacións en vodas relixiosas por toda Galicia. Arturo Fernández preséntanos as voces do Coro Ultreia, que canta nas misas da Peregrina, en Pontevedra, o primeiro sábado de mes. En Santiago de Compostela, as cámaras enfocan o órgano da catedral, que soa todos os días do ano, agás Venres Santo, grazas a Manuel Cela, músico que leva vinte anos colaborando coa catedral.  Aínda en relación coa basílica, Julián G. conversa cos nenos e nenas da Escolanía dos  Anxos de Compostela, que compaxinan as actuacións en actos litúrxicos na catedral con concertos fóra do recinto relixioso.  Nico Campos desprázase a Xunqueira de Ambía onde a Colexiata de Santa María a Real alberga un órgano de gran valor artístico e cultural, construído a mediados do século XV