“Vivir Aquí” céntrase no salmón, o rei do río, con motivo da Festa do Salmón da Estrada. A historia deste peixe é a dunha fazaña, xa que só sobrevive un de cada mil despois dunha durísima viaxe para volver a onde naceu. Pode ir, por exemplo, dende A Estrada ata as augas de Groenlandia e volver ao Ulla tres anos despois. O que regresa é un heroe desexado por todos cantos pescadores conseguen a posibilidade de facerse con un, e non é fácil conseguilo.A pesca do salmón converteuse en reclamo turístico da zona, que soubo aproveitalo e converteuno nunha das grandes citas gastronómicas. O Ulla provía hai anos con abundancia os restaurantes da Estrada e ese recordo levou a recuperar a presenza deste peixe nas piscifactorías, coa esperanza de que, unha vez liberados, sexan máis os que volvan ao río. O programa inclúe varias reportaxes sobre a pesca do salmón, a súa repoboación, o reclamo turístico e a gastronomía da Estrada.