Chega o verán e aquí non hai quen faga o sacrificio de poñerse a dieta ou levar a cabo a coñecida como ‘operación bikini’.            Neste tempo, calquera escusa é boa para xuntarse a xantar, e no verán todo son tentacións. Ao saír a tomar algo, en moitos sitios as tapas veñen de balde e se se quere comer algo, Galicia está chea de restaurantes que ofrecen churrasco a fartar. Todo se celebra arredor dunha mesa, ben sexa nun furancho onde se come e bebe coma na casa ou nunha sociedade formada só por homes, que se xuntan para comer.do que non é doado fuxir, por non falar das festas gastronómicas, xa que cada localidade ten a súa e hainas para todos os gustos.