Nunca temos a morte tan presente como durante estes días. Chega o mes de Santos e no Día dos Defuntos lembramos os que marcharon, aínda que nos últimos tempos mudou a nosa relación coa morte e tamén a maneira de despedirnos para sempre.  Coñecemos as persoas que facilitan este transo. Quen prepara o defunto? Quen oficia o funeral? Quen se ocupa de dar sepultura? E quen das flores? O programa ocúpase dun sector e dun oficio que en Galicia aínda pasa de xeración en xeración. Para isto, “Vivir Aquí” ´diríxese a Piñor de Cea, un concello dedicado á preparación de ataúdes; conversa co sepultureiro do cemiterio de San Mauro, en Pontevedra, e visita unha das funerarias máis antigas de Galicia.  Tamén entra nun viveiro centrado estes días no cultivo das flores de Defuntos e nunha florería, onde vemos o estilo dos centros florais máis demandados nestas datas; e nunha empresa que oficia funerais civís. Ademais, o programa asiste a un enterro singular: o dunha viguesa á que despediron cun brin