A emoción desbordada das procesións andaluzas é unha das imaxes máis coñecidas da Semana Santa. En Galicia estes días vívense con certas semellanzas, pero con moitas tradicións propias, algunhas ben curiosas. O programa indaga na Semana Santa galega: quen se encarga da posta a punto do vestiario? Quen conserva as imaxes que saen en procesión? Como son os veciños que participan nas escenificacións?  Para atopar a resposta a estas preguntas, “Vivir Aquí” visita Viveiro, Cangas, Lugo e Meis. Ademais, os reporteiros do programa fala cun antropólogo dalgunhas das celebracións máis coñecidas e curiosas destes días.