Os diferentes usos da pedra e o valor paisaxístico e xeolóxico das rochas centran “Vivir Aquí”. Entramos na Escola de Canteiros de Poio para ver como as novas xeracións aprenden este vello oficio. En Cambados visitamos a obra do escultor Manolo Paz, centrada nas posibilidades expresivas da pedra e na que destacan os monolitos e menhires inspirados na cultura celta.  Outros destinos neste percorrido son a canteira de Porriño, onde se extrae o granito que despois de tratalo acaba nos fogares, e mais unha casa de turismo rural do Vicedo onde a pedra non so embelece a construción senón que tamén ten outros usos domésticos. Unha ruta pola serra do Galiñeiro permítenos descubrir paisaxes graníticos.