Índice de contidos 02:09 Iluminadores do Nadal 13:26 Adornos naturais para o Nadal 22:48 O labor no centro comercial 30:33 Creando un Nadal de cinco estrelas 39:40 O máis doce do Nadal 45:32 O Nadal vai en carroza  Estamos xa totalmente inmersos nos costumes do Nadal. Por todas partes atopamos algo que nos lembra que estamos nestas datas, que parece que cada ano chegan antes.Pero para que esta transformación teña lugar traballa moita xente. Mesmo hai persoas que están dedicadas exclusivamente durante parte do ano a facer posible o Nadal. A facer posible que o entorno estea adornado, a que os productos que queremos consumir non falten das tendas, e que teñamos onde ir celebrar. Para eles o Nadal dá moito traballo.