Este ano está batendo cifras de chegada de peregrinos. O Camiño de Santiago xa é un referente do turismo mundial e de confluencia de todas as nacionalidades. Santiago é a meta pero Sarria é un dos puntos de inicio que concentra multitude de persoas, xa que a distancia ata a capital galega é de cen quilómetros, á mínima para conseguir a coñecida Compostela, o diploma que outorga a catedral para todo peregrino que chega camiñando. Aínda que este ano non é xacobeo, está considerado como Ano da Misericordia e os peregrinos poden recibir as mesmas indulxencias que no Ano Santo. Aparte do Camiño Francés e rutas alternativas como o Camiño do Norte, o Primitivo ou a Vía da Prata, a ruta marítima pola ría de Arousa esta sendo un novo e orixinal descubrimento para percorrela, sobre todo no verán. Unha das reportaxes de “Vivir Aquí” vai destinada a este ronsel náutico que desembarca nas inmediacións de Padrón para seguir logo camiñando ata a cidade do Apóstolo.