Máis dunha ducia de produtos galegos contan con indicación xeográfica protexida, un selo que é garantía de calidade e que certifica para o consumidor que todo o proceso de elaboración se coida ao máximo.  “Ternera Gallega” é unha das indicacións xeográficas galegas máis populares fóra da nosa terra. Certifica carne de vacún procedente de tenreiros nacidos, criados e sacrificados en Galicia e que pasan un rigoroso control de calidade. Trátase dun produto con tradición secular, pero que comezou a controlarse e promoverse en 1989. Foi recoñecido co selo que o identifica actualmente en 1996. A Indicación Xeográfica Protexida “Lacón Gallego” regula un produto tradicional que procede de porcos alimentados a base de cereais, landras, castañas e tubérculos durante os tres últimos meses de vida. A “Faba de Lourenzá” é un produto da Mariña luguesa que abrangue a as variedades faba Galaica e faba do Marisco. Outro produto é a “Mel de Galicia”, que ampara meles elaborados e envasados en Galicia