Son das primieras fronteiras contra o coronavirus, a solución galega para axilizar a súa detección, os coñecidos como puntos AUTOCOVID, tiveron que inventarse desde o máis simple ata a súa inclusión na complexa estrutura sanitaria dun hospital. A Televisión de Galicia achégase por vez primeira á organización destes puntos e á historia dos que se enfrontan cada día a centos de cidadáns asustados pero esperanzados de que as novas que saian desde aí sexan boas.