Auga, fariña, sal e fermento son o punto de partida para facer pleno aos bolos. Arredor dun bolo de pan concéntrase todo un universo. Nestes tempos de présa e inmediatez, o pan lembra un xeito de facer tradicional e pausado. O programa cóntanos historias con moiga miga, cocidas arredor dun produto sinxelo, só en aparencia, que forma parte do noso día a día. Deste xeito, “Vivir Aquí” ofrece reportaxes sobre bolos que conservan o sabor da nosa historia, desde o pan de broa aos bolos do pote, pasando polos bolos preñados. Tamén amosa como os bolos se adaptan aos novos tempos, con cada vez máis afeccionados a enfornar na casa.