Galicia é un dos territorios da Península Ibérica con máis arte románica e, a día de hoxe, a arquitectura é a mostra desta corrente que mellor se ten conservado no país. Por iso, no “Vivir aquí” os reporteiros e reporteiras exploran cada recuncho para gravar as mellores imaxes de mosteiros, catedrais, igrexas e capelas do románico. A obra máis emblemática é o Pórtico da Gloria da catedral de Santiago, considerado como unha das pezas máis cimeiras e universais da escultura románica sacra. As provincias interiores, Lugo e Ourense, son as que concentran máis edificios románicos, e para coñecelas pódense face espléndidas rutas pola Ribeira Sacra das áreas do Sil e do Miño. Alí están situadas un total de 17 edificacións relixiosas catalogadas como románicas, entre as que hai que salientar os mosteiros de Santo