No día de San Xosé, unha data tradicional e moi familiar, os protagonistas de “Vivir Aquí” son os Pepitos e as Pepitas. O espazo da TVG afonda nos aspectos máis curiosos dun nome e dunha celebración. As modas introducen outros nomes, pero Xosé aínda é un dos máis comúns en Galicia. Hai tantos que nalgúns sitios se xuntan desde hai anos para celebrar o seu día. Non hai vila ou cidade onde non se atopen negocios identificados con algunha das súas variantes. Curiosamente, o que escasea son as parroquias dedicadas a San Xosé.  Deste xeito, “Vivir Aquí” explica as orixes da celebración, entra en varios negocios que levan ese nome, asiste á festa dos Pepes de Vilalba e na das Pepitas de Ferrol e fala da pouca presenza dos Xosés na toponimia galega.