Na catedral de Santiago de Compostela estanse facendo desde hai uns 15 anos toda unha serie de obras para devolverlle o pasado esplendor e asegurar a súa conservación futura. A celebración do Xacobeo do 2021 é un punto de inflexión para amosar ao mundo os últimos traballos que se están facendo no interior do templo, despois da magnífica restauración do Pórtico da Gloria.