Estrease unha nova proposta de 'Come a Comarca?, 'As batallas'. Unha oferta de entretemento da Televisión de Galicia en coproducción coa Voz de Galicia, no que cociñeiras e cociñeiros de diversos lugares compiten en mestría nos fogóns, representando á gastronomía que lles é máis propia, e logo son avaliados por un xurado profesional. Achegámonos á gravación dun dos episodios deste programa e comprobamos a enorme expectación que esperta.