Achegámonos a unha das fronteiras entre Galicia e Portugal, con moita relación entre os seus habitantes, para coñecer de primiera man como lles están afectando as limitacións , diferentes as veces, dos dous países por mor da pandemia do Coronavirus. Percorremos lugares como Castro leboreiro, Lobios, Xurés, e en Portugal, Gerês e Lindoso coñecendo as súas xentes, e os que máis adoitan facer vida a un e outro lado da fronteira: como clientes da hostelería, panadeiros...etc.