As furnas, un símbolo da Galicia máis crúa pero tamén máis fermosa. É unha das iconas de Porto do Son e especialmente da súa parroquia de Xuño.  Un milleiro de veciños fachendean, non só de como ondea o mar e zoa o vento, senón tamén de solidariedade. Este ano, e por mor da pandemia, non puideron celebrar a súa Gala Anual Solidaria, pero reconvertérona nunha campaña que probablemente copien outros municipios, unha solidariedade que este ano vai tamén para Médicos Sen Fronteiras.