Da man dos responsables da Fundación Andrea, unha ONG que apoia a familias de nenos con doenzas graves e de longa hospitalización, achegámonos á realidade actual das plantas de pediatría nun Hospital, e das solucións que están adoptando as familias para que a pandemia da COVID no empeore a súa situación. Esta Fundación leva anos organizando polo Nadal unha gala de moita sona para recadar fondos , algo que este ano non é posible.