Coñecemos mulleres con iniciativa, que nun momento determinado decidiron botarse para adiante e crear as súas propias empresas. Así, en Malpica, o programa atopamos as redeiras de “O Feital” traballando nunha inmensa rede para Francia e presumindo de que xa non teñen que depender dos intermediarios.  En Palas de Rei, estamos con Chusa, Carmela e Anxos, que cultivan plantas medicinais; e en Carballeda de Avia con tres pioneiras: Genma, Mª Luísa e Edurne. As tres montaron unha das poucas empresas de Españ...