Índice de contidos 02:10 O sabor do éxito 12:53 Un incendio prodixioso 24:38 Superstars: as outras Benedictas  36:09 Novos lentes para ollar a nosa historia 45:35 A presentadora da gala O audiovisual galego ten na entrega dos Premios Mestre Mateo un dos momentos máis importantes do ano polo que supón de coñecemento e de recoñecemento do traballo que hai detrás de cada produto que chega ao público. Nesta dezaoito edición hai 25 categorías e 100 nominados, a maioría vinculados dalgún xeito á Televisión de Galicia. A presentadora desta edición é a actriz Patricia Vázquez.Neste VIVIR AQUI destacamos o éxito da película O que arde, de Oliver Laxe, que entre outros méritos, deulle visibilidade a unha muller de máis de 80 anos, que como veremos serve de exemplo a outras moitas mulleres galegas de idade que saen na radio e na television de Galicia.Pero tamén imos ver como se fai un programa de televisión de éxito ou como unha serie galega está chegando a todo o mundo, 'O sabor das