Vivir aquí percorre negocios de restauración que constitúen unha alternativa para a xente que ten pouco tempo para a cociña.  En cinco reportaxes, coñecemos algunhas das solucións que se ofrecen, como comida preparada ou envasada, cátering ou produtos enlatados. Hoxe en día pódese gozar mesmo dun dos pratos estrela da gastronomía galega como é o cocido sen pasar traballo.